Portal de blogs literarios, comunidad literaria, y foro literario - Libro de Arena
Conoce a ducon            0 libros en su biblioteca
     0 valoraciones      40 posts en su blog      Es lector de 0 grupos

Libros e alén

de libros e do que son quen de xerar


Mudanza

Cambio a un novo espazo:

http://librosealen.blogaliza.org/




Denunciar contenidos

Unha puta percorre Europa



'Unha puta percorre Europa' Alberto Lema (Galaxia. 2008)

Alberto Lema, ao meu parecer máis interesante como poeta que como narrador, ofrécenos nesta obra un breve debate sobre a prostitución. Unha aventura policiaca, non exenta de pequenas achegas de tipo político. Un tipo de feminismo activo serve de base para unha historia que se repite, non infelizmente, en títulos como o 'Baise moi' de Virgine Despentes ou a edulcorada fita 'Thelma e Louis', aínda que moito menos nihilista.
Sen fuxir do cliché extendido entre o machismo máis recalcitrante, no que se considera ás feministas como lesbianas, achéganos a un debate parcial e empobrecido, nunha historia rápida e vibrante.

Denunciar contenidos

Ferrol e o que queda por chover



'Ferrol e o que queda por chover'. Alberte Momán (Edición do autor distribuída por lulu.com. 2008)

Segundo o autor, Ferrol ten sentido, alén de todos os preconceitos que a historia nos tivera feito asumir. Ferrol é unha cidade de contrastes, de humidades perpetuas, de soños, de fuxidas, de masas proletarias sempre en loita.
Agárdannos nas súas páxinas, todas as vidas que Ferrol e a súa comarca son quen de conter.
Un libro especialmente pensado por un ferrolano para todos/as que levan a Ferrol como unha marca na pel, para os visitantes e os coñecedores dos feitos acontecidos nunha época que se rememora en cada sombra, nas súas rúas poeirentas.

Denunciar contenidos

Plan de fuga



Plan de fuga. Alberto Lema (Estaleiro Editora. 2008)

O inimigo camiña con nós, respira do noso mesmo aire. A Ítaca, sempre desexada, é un outro inferno.
A sinceridade, a claridade absoluta achéganos a Alberto Lema, a un país profundamente errado que nos atrapa na súa inercia.
Un proxecto novo, a editora, que crea unhas magníficas expectativas de cara o futuro. Unha liña simple, económica e aberta quenos achega un pequeno adiante desa literatura denoso, que doutro xeito correría o risco de perderse na estanqueidade dun caixón.

Denunciar contenidos

A casa das belas adormentadas




'A casa das belas adormentadas' Yasunari Kawabata (Rinoceronte Editora. 2007)

Eguchi, un ancián obsesionado pola vellez e a proximidade da morte, acode periodicamente a unha casa para pasar a noites platónicas con mozas adormentadas.
Un autor obsesionado pola vellez. Un libro que pronostica o fin do señor Kawabata. Un continuo debaterse entre a moral e as obsesións pseudosexuais da senectude sexualmente activa.

Denunciar contenidos

Porca Terra


'Porca Terra' Jonh Berger (Rinoceronte Editora. 2007)

Invádenos a concepción dun labrego como un ser do pasado, inculto (non como a terra que traballa), e carente dos indicios máis elementais de civilización. Co noso desprezo implícito, buscamos inculcarlle a nosa novidosa visión do mundo. Un mundo liñal nun único sentido, de vida e morte, sen continuidade aparente. Unha visión, ao mesmo tempo, dominada polas concepcións simplistas dos modelos económicos, que obvian a idiosincrasia e a forma de entender o mundo de quen vive alleo a eles.
Con este libro, temos a oportunidade de achegarno ao mundo labrego, buscando rachar coas fronteiras do entendemento e ligándonos aos comezos da historia, da nosa propia.

Denunciar contenidos

Así nacen as baleas



'Así nacen as baleas' Anxos Sumai (Galaxia. 2007)
Até que punto podemos ficar marcados polo pasado? Despois de anos de ausencia, volver aos inicios, retomando as relacións aló onde a distancia as deixara. Anxos describe de maneira maxistral unhas relacións familiares marcadas pola dor, volvendo ao pasado para recuperar unha sorte de tempo perdido, a liberación duns sentimentos que a cosumiran, hipotecando incluoso as posibles relacións con persoas alleas ao seu entorno familiar.

Denunciar contenidos

Ouveo e outros poemas


'Ouveo e outros poemas' Irwin Allen Ginsberg (Ed. Positivas. 2007)

Víu a persoeiros da súa xeracións arrastrados na lama... alén dos moralismos perturbadores, para a concienca da esquerda europea, do Kerouac, o movemento Beat, e concretamente os textos de Ginsberg, son un reflexo do pensamento máis aberto que os USA lograron crear dende Whitman.
Contrarrestando o abafante patriotismo ianqui e sen renunciar a el, Ginsberg fala dunha América (o que nós debemos entender non como continente americano, senón tan só os EEUU) dura, unha américa de ética máis que cuestionable. Pero maiormente fala dunha xeración de poetas evadidos da realidade, sumidos na droga, no alcol, case como resultado das contradicións entre a teoría e a praxe diaria, fomentadas por un estado altamente represivo.
Se cadra foi a necesidade de resposta fronte este último, o que levara ao propio Kerouac, a burcar saídas no budismo, na indixencia, e non nunha militancia política definida.

Denunciar contenidos
Artículos publicados: 40
1-2-3-4-5



Portal de blogs literarios, comunidad literaria, y foro literario - Libro de Arena

General 0 libros



Ayuda | Contacto | Condiciones de Uso | Política de Privacidad


Otras webs de Planeta Ad Networks:

ultimas noticias - adn | novela historica - ediciones martinezroca | trucos videojuegos - ojgames | libros de educacion - paidos


2010 © librodearena.com