Non é unha biografía máis do poeta republicano español, é unha imaxe completa da súa vida e das condicións nas que se desenvolveu, dende o seu abo ata a súa morte en Collioure, onde seguen chegando fotos e notas persoais.
Serve para coñecer a vida cotiá do seu tempo, o que andaba a matinar a xente que tiña os pes na terra, lonxe do poder, e a vida do cidadán de a pe, os apuros económicos, a vida dun neno, dun estudante e dun catedrático de francés daqueles anos –o francés era considerado unha das “marías”, coa ximnasia a relixión e o debuxo-; os sucesos cotiáns, dende a vida disparatada do seu pai ata que, unha vez mergullados na guerra –que nada tivo de civil- ,e xa cun nome dentro das letras casteláns, vese apoiando a un goberno constitucional inda que sufra as consecuencias da separación da súa familia e dalgúns dos seus máis íntimos amigos e admirados mestres. O máis triste, o do seu irmán Manuel, co que tiña escrito algunhas obras –entre as de máis sona, a obra de teatro A Lola se va a los puertos-, co que non se reconciliou nin o fin da guerra.

Chegoulle a primavera a maceira, podedes ver nestas fotos a abondosa floración que pode dar unha árbore bonsái.
W.jpg)
A maceira anana é unha árbore que rebenta na primavera chea de vida. As súas flores nacen dunhas xemas máis redondeadas (xemas de flor) cas de madeira (máis bicudas); por iso, se queremos ter unha boa floración ou frutificación do noso bonsái, debemos facer unha poda pensando no que perseguimes ese ano.
Non sempre é doado elixir entre mellorar a estrutura da árbore mediante unha poda, un mergullo ou unha poda de formación, de certo que non podemos ter todo a vez, temos que sacrificar unha cousa pola outra.
Neste caso, temos a miña maceira anana cargada de flores. Cando saen os abrochos ou botóns, o fan en grupos umbeliformes que poden ter de 3 a 6 flores, hermafroditas, que están formadas por 5 sépalos e 5 pétalos, estes semella van ser dunha cor vermella ou rosa, mais, cando a flor se abre, estas vanse tornando a unha cor branca, lucindo nas súas anteras a cor marela do polen.
Se temos sorte, algunhas destas darán lugar a un pomo, a mazá, que tamén da nome a árbore: pomar.

A Zelkova pertence á familia das ulmáceas, como o Umeiro (Ulmus parvifolia), e moitas veces podemos atopar nas grandes superficies e tendas un Bonsái co nome do outro.
Este Bonsái ten as follas máis cativas cás Ulmus parvifolia que podes atopar neste mesmo Blog. A Zelkova, como Bonsái, necesita ter un maior grado de humidade, o seu substrato debe estar mol. Por ter as súas follas máis pequechas, conséguese unha maior proporción no seu deseño, e dende máis novo asemella ser unha árbore madura.

web.JPG)
Este é un exemplar recuperado do monte para obter, co tempo, un futuro Bonsái. O estado, como pódese ver, non era o mellor para sospeitar que tiña un Bonsái no seu interior.
Malia as súas condicións, saíu adiante e agora esperta o Bonsái que tiña dentro.

Inda ten moito que dicir, semella gardar un bo Bonsái no seu interior.

Este tipo de Bonsái ten que ser cultivado no exterior. Atura moi ben as pragas, mai é moi propenso a elas, polo que convén telo afastado doutras especies máis sensibles a elas. Os fungos estragan as follas.
Os fungos, a mosca branca e pulgóns gorentan as follas deste tipo de Bonsái para zugar o seu zume.

Proba de adaptación dalgún tipos de Bonsái ao interior, é o Ficus Retusa.
Xeralmente, todos os Bonsáis que teñen a súa orixe en especies tropicais danse ben nun interior soleado cun certo grado de humidade.

É outra das especies ideais para comezar no cultivo do Bonsái.
Este Bonsái leva comigo uns 19 anos, a súa idade actual é de 27 anos. Esta árbore foi utilizada para obter material para outros proxectos que tiveron nela a súa orixe.
É unha especie moi agradecida, todos os coidados teñen unha boa resposta; atura ben a seca e o enchoupe, as podas, os transplantes e podas de raíces. Esta especie de Bonsái un pouco propensa á padecer ataques da araña vermella, menos a cochinilla, mais é doada a súa recuperación con pouco coidado que lle poidamos dar.
Malia sona desta especie de Bonsái, de ser de folla perenne, esta árbore pode perder parcial ou totalmente as follas no outono, dependendo de se o temos no interior, terá unhas follas máis grandes e separadas entre elas, ou no exterior, follas máis cativas; tamén do clima que teña que aturar o noso Bonsái, cando a friaxe é maior aumenta a posibilidade de perda das follas.
Pode brotar de madeira vella e coa idade perder a súa cortiza para ficar lisa a superficie do seu tronco.
É moi doado obter novos exemplares do resultado das podas, de pólas de ata o diámetro dun lapis.
Require un transplante cada dous ou tres anos, dependendo da idade da árbore.
É unha boa especie para empezar no mundo do Bonsái.
-web.JPG)
O exemplar que deu orixe a esta saga Bonsáis

Un dos exemplares de pre-Bonsái obtidos do Bonsái anterior.
web.JPG)
Outro dos exemplares de pre-Bonsái obtidos do primeiro Bonsái desta páxina.