Libros e alén

Unha puta percorre Europa
'Unha puta percorre Europa' Alberto Lema (Galaxia. 2008)

Alberto Lema, ao meu parecer máis interesante como poeta que como narrador, ofrécenos nesta obra un breve debate sobre a prostitución. Unha aventura policiaca, non exenta de pequenas achegas de tipo político. Un tipo de feminismo activo serve de base para unha historia que se repite, non infelizmente, en títulos como o 'Baise moi' de Virgine Despentes  ou a edulcorada fita 'Thelma e Louis', aínda que moito menos nihilista.

Sen fuxir do cliché extendido entre o machismo máis recalcitrante, no que se considera ás feministas como lesbianas, achéganos a un debate parcial e empobrecido, nunha historia rápida e vibrante.

Ferrol e o que queda por chover
'Ferrol e o que queda por chover'. Alberte Momán (Edición do autor distribuída por lulu.com. 2008)

Segundo o autor, Ferrol ten sentido, alén de todos os preconceitos que a historia nos tivera feito asumir. Ferrol é unha cidade de contrastes, de humidades perpetuas, de soños, de fuxidas, de masas proletarias sempre en loita.

Agárdannos nas súas páxinas, todas as vidas que Ferrol e a súa comarca son quen de conter.

Un libro especialmente pensado por un ferrolano para todos/as que levan a Ferrol como unha marca na pel, para os visitantes e os coñecedores dos feitos acontecidos nunha época que se rememora en cada sombra, nas súas rúas poeirentas.

Plan de fuga
Plan de fuga. Alberto Lema (Estaleiro Editora. 2008)

O inimigo camiña con nós, respira do noso mesmo aire. A Ítaca, sempre desexada, é un outro inferno.

A sinceridade, a claridade absoluta achéganos a Alberto Lema, a un país profundamente errado que nos atrapa na súa inercia.

Un proxecto novo, a editora, que crea unhas magníficas expectativas de cara o futuro. Unha liña simple, económica e aberta quenos achega un pequeno adiante desa literatura denoso, que doutro xeito correría o risco de perderse na estanqueidade dun caixón.

A casa das belas adormentadas
'A casa das belas adormentadas' Yasunari Kawabata (Rinoceronte Editora. 2007)

Eguchi, un ancián obsesionado pola vellez e a proximidade da morte, acode periodicamente a unha casa para pasar a noites platónicas con mozas adormentadas.

Un autor obsesionado pola vellez. Un libro que pronostica o fin do señor Kawabata. Un continuo debaterse entre a moral e as obsesións pseudosexuais da senectude sexualmente activa.

Porca Terra
'Porca Terra' Jonh Berger (Rinoceronte Editora. 2007)

Invádenos a concepción dun labrego como un ser do pasado, inculto (non como a terra que traballa), e carente dos indicios máis elementais de civilización. Co noso desprezo implícito, buscamos inculcarlle a nosa novidosa visión do mundo. Un mundo liñal nun único sentido, de vida e morte, sen continuidade aparente. Unha visión, ao mesmo tempo, dominada polas concepcións simplistas dos modelos económicos, que obvian a idiosincrasia e a forma de entender o mundo de quen vive alleo a eles.

Con este libro, temos a oportunidade de achegarno ao mundo labrego, buscando rachar coas fronteiras do entendemento e ligándonos aos comezos da historia, da nosa propia.

Así nacen as baleas
'Así nacen as baleas' Anxos Sumai (Galaxia. 2007)

Até que punto podemos ficar marcados polo pasado? Despois de anos de ausencia, volver aos inicios, retomando as relacións aló onde a distancia as deixara. Anxos describe de maneira maxistral unhas relacións familiares marcadas pola dor, volvendo ao pasado para recuperar unha sorte de tempo perdido, a liberación duns sentimentos que a cosumiran, hipotecando incluoso as posibles relacións con persoas alleas ao seu entorno familiar.

Ouveo e outros poemas
'Ouveo e outros poemas' Irwin Allen Ginsberg (Ed. Positivas. 2007)

Víu a persoeiros da súa xeracións arrastrados na lama... alén dos moralismos perturbadores, para a concienca da esquerda europea, do Kerouac, o movemento Beat, e concretamente os textos de Ginsberg, son un reflexo do pensamento máis aberto que os USA lograron crear dende Whitman.

Contrarrestando o abafante patriotismo ianqui e sen renunciar a el, Ginsberg fala dunha América (o que nós debemos entender non como continente americano, senón tan só os EEUU) dura, unha américa de ética máis que cuestionable. Pero maiormente fala dunha xeración de poetas evadidos da realidade, sumidos na droga, no alcol, case como resultado das contradicións  entre a teoría e a praxe diaria, fomentadas por un estado altamente represivo.

Se cadra foi a necesidade de resposta fronte este último, o que levara ao propio Kerouac, a burcar saídas no budismo, na indixencia, e non nunha militancia política definida.

recomendacións recomendadas deste 2007
Dos libros recomendados neste 2007, vou presentar a selección dos selectos. Os libros que, ao meu parecer, deben ser reseñados baixo o estigma da lectura obrigada. Sei que, o que se tratou nese espazo, non é máis que unha ínfima parte do que en realidade se podería ter falado, polo que podemos perfectamente poñer en cuestión canto eu refira nesta liñas. Mais, para aqueles xa iniciados no excitante mundo da literatura galega, as miñas indicacións pode que sirvan de complemento ao que son, xa a estas alturas, as boas lecturas do pasado ano. Para os non iniciados, cecais sirva este curruncho para darvos pé a comezar unha senda atractiva e, agárdase, que longa e fructífera dentro das nosas letras.

Tres libros galegos, por orde de aparición:

'O alento da musa' Alberte Momán (Difusora das Letras Artes e Ideas. 2007)

'Made in Galiza' Sechu Sende (Galaxia. 2007)

'O home inédito' Carlos G. Meixide (Edicións da Rotonda. 2007)

Unha traducción:

'O desfalco' Valentín Katáiev (Rinoceronte Editora. 2007)

Unha editora:

Rinoceronte Editora

Un autor:

Mario regueira

Unha autora:

Elvira Riveiro

Ben, unha vez entregados os premios toca discrepar. Agardo por vós.

Fóra do sagrado
'Fóra do sagrado' Anxo Angueira (Xerais. 2007)

Coa forza que lle é propia a Anxo Angueira, este longo poema fala do Vigo dos anos, da experiencia do autor, maduro e coñecedor do Vigo antifascista, do Vigo vitorioso. Preséntanos unha Vigo visión da cidade que non durme, proletaria.

Con todo, é un poema para ser escoitado, pero escoitado na voz de Anxo Angueira, incansable, que nos levara nos seus acordes a un Vigo descoñecido, inquietante e atractivo.

O desfalco
'O desfalco' Valentín Katáiev (Rinoceronte Editora. 2007)

Como dicía Eddy Jiménez, nun libro que xa comentamos hai días, é importante, á hora de facer a revolución, contar coas necesidades e a propia idiosincrasia da poboación. Ningún cambio político poderá nunca, nun breve espazo de tempo, erradicar os malos hábitos adquirido ao longo de moitos anos. O que se vén resumindo, na necesidade de avaliar fortalezas e debilidades á hora de afrontar un cambio de calquera tipo, ou ben de comezar calquera tipo de actividade ou proxecto.

Moscova na década dos anos 20, funcionarios do goberno emprenden unha fuxida con cartos públicos. Lonxe de buscar unha nova vida, andan á procura dun pouco de diversións inconsciente.

Un drama cheo de ironía, maxistralmente narrado. Xusto para unhas datas de Nadal, nas que o consumo desmesurado e a perentoria necesidade de diversión, fainos cometer, en ocasións, tolerías de diverso calibre.

Moi recomendable, para obter unha diversión inofensiva.

Oda ás nais perennes con fillos caducos entre os brazos
'Oda ás nais perennes con fillos caducos entre os brazos' Moncho Iglesias (Ed. Positivas. 2007)

Moncho Iglesias, profesor de español na Universidade de Belén, vén de sacar este o seu libro de poemas, ambientado nunha Palestina en conflicto permanente. A dor extrema é tamén quen de vestirse de inocencia, nun sarcasmo que mostra a ignorancia daqueles que non queren ver, ou directamente desprezan, un sufrimento que vive patente en xeracións completas de palestinos e palestinas que ansian a liberdade.

É por tanto este, un texto moi recomendable, como sensibilización cara unha realidade non tan distante.

Coma se non existise
'Coma se non existise' Slavenka Drakulic (Xerais. 2005)

Dende unha postura completamente distinta á áceda comicidade de 'Underground', Slavenka Drakulic, mostra a guerra dos balcáns coa crudeza da perspectiva civil, dunha muller civil. Uns desastres que os conflitos provocan e que van máis aló da morte e da destrucción. Desastres que fican na dor dos que sobreviven, que se ven na obriga de reconstruír as ruínas e de continuar coas súas vidas.

Do que pasan os vivos, ás mulleres que loitan pola súa supervivencia, esa sería unha boa descrición para este desgarrador testemuño da guerra.

Muller de vidro
'Muller de vidro (poemario)' Textos de Asunción Árias e imaxes de Pablo Otero (Edición da autora. 1ª edición 2002. 2ª edición 2004).

Non se pode dicir, desta muller de vidro, que sexa en absoluto feble. Fala, Asunción Árias, dunha muller observadora do entorno, afincada na terra que coñece e valora, na cultura que lle é propia e familiar e das amizades todas. Destila valores que a sociedade foi perdendo, cheos de humanidade. Trátase dunha Asunción feminina, muller sempre, amante, comprometida.

Unha xoia en tapa dura que cómpre reler para degustar na calma dunha lareira, con fruición entre os fumes dunha tasca, ou sinxelamente na parada do autobús, mentres se observa a vida pasar.

Profundidade de campo
'Porfundidade de campo' Yolanda Castaño (Espiral Maior. 2007)

En canto escoitei recitar a Yolanda poemas deste libro, ocurríuseme unha broma moi acaída, alén do sobretítulo de 'me duele la cara de ser tan guapa'. Imaxinábame cantando a famosa canción dos Hot Chocolate:

I believe in miracles

Where're you from,

you sexy thing, you

sexy thang you

I believe in miracles

since u came along,

you sexy thing

Despois de anos de críticas sobre a súa figura, semella burcarlle certa redibilidade ao feito de ser a poeta malvada da literatura galega.

Neste libro de poemas, Yolanda, fala consigo mesma, buscando sobrepoñerse das circunstancias que lle obrigaron a madurar cun certo resentimento acumulado.

De existir unha prensa rosa, a amarela é de sobra coñecida, este libro ocuparía as portadas, por dar pé, aos seus detractores, para continuar coa teima contra a súa persoa.

A Revolução dos Camaleões
'A Revolução dos Camaleões'  EDDY E. JIMÉNEZ PÉREZ (Campo das Letras. 2003)

En poucas ocasións temos a oportunidade de asistir a unha crítica ao socialismo soviético e dos países do Leste europeo, dende unha óptica fondamente socialista.

Eddy Jiménez, analista político cubano e secretario da embaixada cubana en Bulgaria dende o 1986, fai unha análise amena e acertada do que foi o solpor do socialismo dos países do Leste, centrándose en Romanía, Bulgaría, Albania, Polonía, a antiga Checoslovaquia e, en menor medida, na Unión Soviética. Os erros cometidos, en nome do socialismo, nestes países que pasaron, trala morte de Lenín, da ditadura do proletariado ao voluntarismo e á ditadura da burocracia, até chegar, coa Perestroika, á socialdemocracia e, finalmente, ao capitalismo neoliberal. Todo, dende unha perspectiva socialista e dende a experiencia propia do autor, como testemuña dos cambios revolucionarios en Cuba.

os prolíficos '90
os galegos anos '90 foron, para a literatura, unha década de vangarda, na que confluíron autores de distintas épocas creando as bases dunha nova poesía.

é por iso que hoxe mostramos, unha mínima parte desa diversidade.

en primeiro lugar, Antón Tovar (Rairíz de Veiga. 1921)

enlace

'A nada destemida' (Galaxia. 1991)

se Deus, que n-é, baixase ó mundo triste,

redondo como bágoa criminal,

pediríalle eu resposta do meu mal

e dos males do mundo en que il insiste.

Como a un nazi culpable o esganaría

por seus crimes de amo vil, cobarde.

Por outra banda, presento a Román Raña (Vigo. 1960), co seu 'Ningún Camiño' (Galaxia. 1997), premio Martín Codax 1997.

de non amar o corazón perece,

de non vivir o incendio regresado

auséntase do peito e deixa noites

fráxiles como arxila cando non

resina ou óxido ou talvez desterro.

E por último, cando menos por esta vez, 'Pornografía' de Lupe Gómez (Fisteus, concello de Curtis, 1972), edición da autora en 1995, e reeditado na Edición Poeta de Compostela, do Grupo Correo Gallego e o Concello de Santiago, no ano 2005.

quero chegar

a algún sitio

aínda que alí

me violen

con cristais

Transporte de superficie
'Transporte de superficie' Antón Reixa (Ed. Positivas. 1991)

Volvendo a eses libros que xa non se atopan nas librerías, ou se cadra tan só existen entre os saldos dalgunha feira do libro, ficamos neste libro do, nun tempo, mítico cantante vigués.

Se fósemos un editor contemporáneo, falaríamos de historias raras, breves e desestructuradas. Pero como non o somos, falamos daquela vaca que ri por non chorar, e dun ataque de nostalxia histórica, da que xa non se leva, onde Arabia é Saudita e Galicia é a metáfora do mundo.

O ridículo, daquel pop que traspasaba a fronteira dos '80, non ten por que ser trivial.

Kiko Neves
'Ruído de motos' Kiko Neves (Letras de Cal. 1997)

'Un poema de amor' Kiko Neves e ilustracións de Marta M. Rocha (EGASUR SL. 1998)

Presento hoxe estas dúas xoias, que rondan os dez anos de antigüidade, pero cun moi bo grao de conservación.

Con resaca, pero nunca de si 'propio', Kiko é un poeta que sabe das cidades. Tamén sabe de amor, malia que iso non o defina como poeta. Sabe da soidade, do balbordo de conversas banais, así como de reencontros como os dos filmes.

Vidas post-it
'Vidas post-it' Iolanda Zúñiga (Xerais. 2007)

A vida é sufrimento. A urbe pesa como unha lousa fervendo. A dor ter forma de explanada de formigón armado e leva o nome dunha marca de cosmético, que de seguro, non habemos poder probar nunca, inacadable.

A realidade vírase relato, curto. Milleiros de formas que se suceden, unha tras doutra, nun padecemento tan cruel como palpable.

Todos habemos ser unha vida post-it desta Iolanda Zúñiga. Sen excepción, miraremos, con medo, aqueles que pasan ao noso redor, escapando de si mesmos.

Ensaios políticos
Despois de ter unha conversa sobre o pouco ensaio político, referido ao socialimo, que se publicaba en Galiza, e para desmontar aquelas teorías que defenden que o surrealismo non ía máis aló do que aquela triste sentenza de Tritan Tzara que falaba do arte polo arte, traio hoxe dúas propostas distintas, pero semellantes pola implicación política que conlevan.

Laiovento, unha editora comprometida co ensaio político sacaba á luz primeiro 'O espectro segue a roldar (Actualidade do Manifesto Comunista)' (Slavoj Žižek. Laiovento. 2004) e segundo 'A estrela da mañá. Surrealismo e marxismo' (Michael Löwy. Laiovento. 2005).

En primeiro lugar, Žižek revisa o histórico documento para propor a vixencia do mesmo, adiantando as interpretacións necesarias para contextualizar a proposta inicial na actualidade.

Por outra parte, Löwy, pon de manifesto as implicacións políticas dos principais artífices do movemento surrealista, sabendo que moitos deles foran xa activistas do dadaísmo. Ráchase, polo tanto, coa idea de surrealismo como fonte de creación meramente estética, para convertela, por medio da actividade dos seus integrantes, como un coplemento á actividade revolucionaria, manifestada de xeito patente en toda Europa despois da revolución de outubro do 1917.