Fuxir

'Fuxir'. Jean-Philippe Toussaint (Galaxia. 2007)
O movemento continuo, nunha escapada sen sentido. Sen o sentido propio que ten vivir, senón é polo instinto de conservación.
Cando todo canto acontece ao noso redor carece de sentido e o único que procuramos é fuxir, sen un destino concreto. Fuxir por fuxir, porque nos vai a vida niso, e niso tamén nos consumimos, un pouco.
Un libro para ler axiña, para esquecer axiña, como un suspiro que, cheo de amocións, non deixa pegada.





