Libro de Arena
Login

Libros e alén

de libros e do que son quen de xerar

Ensaios políticos

Despois de ter unha conversa sobre o pouco ensaio político, referido ao socialimo, que se publicaba en Galiza, e para desmontar aquelas teorías que defenden que o surrealismo non ía máis aló do que aquela triste sentenza de Tritan Tzara que falaba do arte polo arte, traio hoxe dúas propostas distintas, pero semellantes pola implicación política que conlevan.

Laiovento, unha editora comprometida co ensaio político sacaba á luz primeiro 'O espectro segue a roldar (Actualidade do Manifesto Comunista)' (Slavoj Žižek. Laiovento. 2004) e segundo 'A estrela da mañá. Surrealismo e marxismo' (Michael Löwy. Laiovento. 2005).

En primeiro lugar, Žižek revisa o histórico documento para propor a vixencia do mesmo, adiantando as interpretacións necesarias para contextualizar a proposta inicial na actualidade.

Por outra parte, Löwy, pon de manifesto as implicacións políticas dos principais artífices do movemento surrealista, sabendo que moitos deles foran xa activistas do dadaísmo. Ráchase, polo tanto, coa idea de surrealismo como fonte de creación meramente estética, para convertela, por medio da actividade dos seus integrantes, como un coplemento á actividade revolucionaria, manifestada de xeito patente en toda Europa despois da revolución de outubro do 1917.


1 comentario - Escribe aquí tu comentario

lo dijo luzdeluna 19 Diciembre 2007 | 08:06 PM

Surrealismo e política? A poesía como complemento da actividade revolucionaria? Deixade xa de contaminar a arte co voso utilitarismo. Longa vida á arte pola arte!

Comenta!