os prolíficos '90
os galegos anos '90 foron, para a literatura, unha década de vangarda, na que confluíron autores de distintas épocas creando as bases dunha nova poesía.
é por iso que hoxe mostramos, unha mínima parte desa diversidade.
en primeiro lugar, Antón Tovar (Rairíz de Veiga. 1921)
'A nada destemida' (Galaxia. 1991)
se Deus, que n-é, baixase ó mundo triste,
redondo como bágoa criminal,
pediríalle eu resposta do meu mal
e dos males do mundo en que il insiste.
Como a un nazi culpable o esganaría
por seus crimes de amo vil, cobarde.
Por outra banda, presento a Román Raña (Vigo. 1960), co seu 'Ningún Camiño' (Galaxia. 1997), premio Martín Codax 1997.
de non amar o corazón perece,
de non vivir o incendio regresado
auséntase do peito e deixa noites
fráxiles como arxila cando non
resina ou óxido ou talvez desterro.
E por último, cando menos por esta vez, 'Pornografía' de Lupe Gómez (Fisteus, concello de Curtis, 1972), edición da autora en 1995, e reeditado na Edición Poeta de Compostela, do Grupo Correo Gallego e o Concello de Santiago, no ano 2005.
quero chegar
a algún sitio
aínda que alí
me violen
con cristais





