Muller de vidro

'Muller de vidro (poemario)' Textos de Asunción Árias e imaxes de Pablo Otero (Edición da autora. 1ª edición 2002. 2ª edición 2004).
Non se pode dicir, desta muller de vidro, que sexa en absoluto feble. Fala, Asunción Árias, dunha muller observadora do entorno, afincada na terra que coñece e valora, na cultura que lle é propia e familiar e das amizades todas. Destila valores que a sociedade foi perdendo, cheos de humanidade. Trátase dunha Asunción feminina, muller sempre, amante, comprometida.
Unha xoia en tapa dura que cómpre reler para degustar na calma dunha lareira, con fruición entre os fumes dunha tasca, ou sinxelamente na parada do autobús, mentres se observa a vida pasar.





