Libro de Arena
Login

Libros e alén

de libros e do que son quen de xerar

Unha puta percorre Europa

'Unha puta percorre Europa' Alberto Lema (Galaxia. 2008)

Alberto Lema, ao meu parecer máis interesante como poeta que como narrador, ofrécenos nesta obra un breve debate sobre a prostitución. Unha aventura policiaca, non exenta de pequenas achegas de tipo político. Un tipo de feminismo activo serve de base para unha historia que se repite, non infelizmente, en títulos como o 'Baise moi' de Virgine Despentes ou a edulcorada fita 'Thelma e Louis', aínda que moito menos nihilista.

Sen fuxir do cliché extendido entre o machismo máis recalcitrante, no que se considera ás feministas como lesbianas, achéganos a un debate parcial e empobrecido, nunha historia rápida e vibrante.


2 comentarios - Escribe aquí tu comentario

lo dijo enlabasílica 17 Junio 2008 | 11:40 PM

Eu tamén entendera iso, que Lema era mellor poeta que narrador. Atenderei o teu consello e, así que termine un par de cosillas que estou lendo, poreime coa obra que nos indicas.

Boas noites

lo dijo Loureda 21 Julio 2008 | 01:45 PM

A min o libro pareceume ben, déixase ler con moito agrado e non me aburriu nunca. Da poesía del non podería dicir nada. E algo bo tamén desta novela é que foxe dos tópicos sobre feministas, hainas lesbianas e hainas que non, as deste libro sono e non ten outra transcendencia no argumento.

Comenta!