
'Fóra do sagrado' Anxo Angueira (Xerais. 2007)
Coa forza que lle é propia a Anxo Angueira, este longo poema fala do Vigo dos anos, da experiencia do autor, maduro e coñecedor do Vigo antifascista, do Vigo vitorioso. Preséntanos unha Vigo visión da cidade que non durme, proletaria.
Con todo, é un poema para ser escoitado, pero escoitado na voz de Anxo Angueira, incansable, que nos levara nos seus acordes a un Vigo descoñecido, inquietante e atractivo.

'O desfalco' Valentín Katáiev (Rinoceronte Editora. 2007)
Como dicía Eddy Jiménez, nun libro que xa comentamos hai días, é importante, á hora de facer a revolución, contar coas necesidades e a propia idiosincrasia da poboación. Ningún cambio político poderá nunca, nun breve espazo de tempo, erradicar os malos hábitos adquirido ao longo de moitos anos. O que se vén resumindo, na necesidade de avaliar fortalezas e debilidades á hora de afrontar un cambio de calquera tipo, ou ben de comezar calquera tipo de actividade ou proxecto.
Moscova na década dos anos 20, funcionarios do goberno emprenden unha fuxida con cartos públicos. Lonxe de buscar unha nova vida, andan á procura dun pouco de diversións inconsciente.
Un drama cheo de ironía, maxistralmente narrado. Xusto para unhas datas de Nadal, nas que o consumo desmesurado e a perentoria necesidade de diversión, fainos cometer, en ocasións, tolerías de diverso calibre.
Moi recomendable, para obter unha diversión inofensiva.

'Oda ás nais perennes con fillos caducos entre os brazos' Moncho Iglesias (Ed. Positivas. 2007)
Moncho Iglesias, profesor de español na Universidade de Belén, vén de sacar este o seu libro de poemas, ambientado nunha Palestina en conflicto permanente. A dor extrema é tamén quen de vestirse de inocencia, nun sarcasmo que mostra a ignorancia daqueles que non queren ver, ou directamente desprezan, un sufrimento que vive patente en xeracións completas de palestinos e palestinas que ansian a liberdade.
É por tanto este, un texto moi recomendable, como sensibilización cara unha realidade non tan distante.

'Coma se non existise' Slavenka Drakulic (Xerais. 2005)
Dende unha postura completamente distinta á áceda comicidade de 'Underground', Slavenka Drakulic, mostra a guerra dos balcáns coa crudeza da perspectiva civil, dunha muller civil. Uns desastres que os conflitos provocan e que van máis aló da morte e da destrucción. Desastres que fican na dor dos que sobreviven, que se ven na obriga de reconstruír as ruínas e de continuar coas súas vidas.
Do que pasan os vivos, ás mulleres que loitan pola súa supervivencia, esa sería unha boa descrición para este desgarrador testemuño da guerra.

'Muller de vidro (poemario)' Textos de Asunción Árias e imaxes de Pablo Otero (Edición da autora. 1ª edición 2002. 2ª edición 2004).
Non se pode dicir, desta muller de vidro, que sexa en absoluto feble. Fala, Asunción Árias, dunha muller observadora do entorno, afincada na terra que coñece e valora, na cultura que lle é propia e familiar e das amizades todas. Destila valores que a sociedade foi perdendo, cheos de humanidade. Trátase dunha Asunción feminina, muller sempre, amante, comprometida.
Unha xoia en tapa dura que cómpre reler para degustar na calma dunha lareira, con fruición entre os fumes dunha tasca, ou sinxelamente na parada do autobús, mentres se observa a vida pasar.

'Porfundidade de campo' Yolanda Castaño (Espiral Maior. 2007)
En canto escoitei recitar a Yolanda poemas deste libro, ocurríuseme unha broma moi acaída, alén do sobretítulo de 'me duele la cara de ser tan guapa'. Imaxinábame cantando a famosa canción dos Hot Chocolate:
I believe in miracles
Where're you from,
you sexy thing, you
sexy thang you
I believe in miracles
since u came along,
you sexy thing
Despois de anos de críticas sobre a súa figura, semella burcarlle certa redibilidade ao feito de ser a poeta malvada da literatura galega.
Neste libro de poemas, Yolanda, fala consigo mesma, buscando sobrepoñerse das circunstancias que lle obrigaron a madurar cun certo resentimento acumulado.
De existir unha prensa rosa, a amarela é de sobra coñecida, este libro ocuparía as portadas, por dar pé, aos seus detractores, para continuar coa teima contra a súa persoa.

'A Revolução dos Camaleões' EDDY E. JIMÉNEZ PÉREZ (Campo das Letras. 2003)
En poucas ocasións temos a oportunidade de asistir a unha crítica ao socialismo soviético e dos países do Leste europeo, dende unha óptica fondamente socialista.
Eddy Jiménez, analista político cubano e secretario da embaixada cubana en Bulgaria dende o 1986, fai unha análise amena e acertada do que foi o solpor do socialismo dos países do Leste, centrándose en Romanía, Bulgaría, Albania, Polonía, a antiga Checoslovaquia e, en menor medida, na Unión Soviética. Os erros cometidos, en nome do socialismo, nestes países que pasaron, trala morte de Lenín, da ditadura do proletariado ao voluntarismo e á ditadura da burocracia, até chegar, coa Perestroika, á socialdemocracia e, finalmente, ao capitalismo neoliberal. Todo, dende unha perspectiva socialista e dende a experiencia propia do autor, como testemuña dos cambios revolucionarios en Cuba.
os galegos anos '90 foron, para a literatura, unha década de vangarda, na que confluíron autores de distintas épocas creando as bases dunha nova poesía.
é por iso que hoxe mostramos, unha mínima parte desa diversidade.
en primeiro lugar, Antón Tovar (Rairíz de Veiga. 1921)
enlace
'A nada destemida' (Galaxia. 1991)
se Deus, que n-é, baixase ó mundo triste,
redondo como bágoa criminal,
pediríalle eu resposta do meu mal
e dos males do mundo en que il insiste.
Como a un nazi culpable o esganaría
por seus crimes de amo vil, cobarde.
Por outra banda, presento a Román Raña (Vigo. 1960), co seu 'Ningún Camiño' (Galaxia. 1997), premio Martín Codax 1997.
de non amar o corazón perece,
de non vivir o incendio regresado
auséntase do peito e deixa noites
fráxiles como arxila cando non
resina ou óxido ou talvez desterro.
E por último, cando menos por esta vez, 'Pornografía' de Lupe Gómez (Fisteus, concello de Curtis, 1972), edición da autora en 1995, e reeditado na Edición Poeta de Compostela, do Grupo Correo Gallego e o Concello de Santiago, no ano 2005.
quero chegar
a algún sitio
aínda que alí
me violen
con cristais